Festa gastronómica da carne do Suído e da Chanfaina
Os xogadores deben seguir as indicacións e pistas para descubrir que misterios que se agochan ao longo do percorrido. Competiredes entre vós para ver quen é capaz de descubrir, no menor tempo posible, as curiosidades detrás da celebración da festa gastronómica da carne do Suído e da Chanfaina.
Punto de Saída: Centro multiusos de Fornelos de Montes
Como funciona?
Modos de xogo:
- Individualmente.
- En grupo:
- Cada membro do grupo rexístrase co seu nome de usuario ou como convidado.
- Creádes un grupo (co mesmo nome de grupo) e engadídevos a él.
- Os dispositivos están sincronizados, as accións contan para todo o grupo.
Regras:
Tedes que ter en conta que estamos xogando na rúa, polo que vos pedimos que coidedes e respectedes o entorno. Os menores deben estar baixo a supervisión continua dos seus responsables legais.
Podedes comezar o xogo cando queirades na localización indicada. As indicacións levaranvos ata a primeira proba.
Dende que comeza ata que remata a experiencia, e dentro do horario comercial de Skeirrum, contades con asistencia por WhatsApp por se tedes calquera problema.
É importante saber que pedir pistas, fallar a resposta 3 veces ou saltar algunha proba ten penalizacións, cada unha máis severa que a anterior.
Cando rematades o xogo, poderedes comparar as vosas puntuacións coas de outros equipos no ranking. Non perdades o tempo!
Localización | Fornelos De Montes (Pontevedra) |
Fechas |
desde el 28 de Julio de 2024 a las 18:00 |
Duración | 1h 30m |
Patrocinador |
Eureka Reto Rural |
Indicaciones:
- Todos os xogadores que pertenzan ao mesmo equipo deben ter o mesmo nome.
- Os dispositivos dos membros de cada equipo están vinculados.
- Poden usarse pistas e incluso saltar as probas, pero iso penalizará o equipo en tempo.
- Fallar tres veces a solución da proba farate avanzar á seguinte, penalizándote en tempo.
Material necesario:
Todo o que necesitas para xogar é:
- Teléfono móbil
- Conexión a internet
- Papel e lápis