Tesouros de Neda

Benvidas e benvidos a unha aventura entre muíños, fornos e peregrinos. Adentrádevos no corazón de Neda e descubride os seus tesouros mellor gardados a través dun escape room ao aire libre que mestura historia local, tradición panadeira e a pegada do Camiño Inglés.

Unha experiencia que mestura pasado e presente, onde cada pista agocha unha historia e cada pedra ten algo que contar. O reto final? Descubrir o segredo que dá sabor ao pan máis famoso do norte galego.

Como comezar?

  • Forma un grupo de persoas (amigos, familia… quen ti queiras!).
  • Punto de encontro recomendado:  Igrexa de Santa María
  • A experiencia funciona por xeolocalización: debes estar en Neda para poder xogar.

Durante o xogo...

Le con atención, segue as indicacións e saberás que facer en cada momento. A aventura irá guiándote paso a paso.

Como funciona?

Modos de xogo:

  • Individual
  • En grupo: os equipos fórmanse no momento de iniciar o xogo.

Segue os pasos: ESCOLLER MODO DE XOGO – EN GRUPO – ESCRIBIR NOME DO GRUPO
IMPORTANTE: todos/as os/as participantes deben crear o grupo co mesmo nome, escrito exactamente igual en cada dispositivo.

Os dispositivos sincronízanse: as accións contan para todo o grupo.

Regras do xogo:

  • Lembra que estarás nun espazo público: coida e respecta a contorna.
  • As persoas menores deben estar sempre acompañadas e baixo a supervisión dunha persoa adulta responsable.
  • Ao rematar, podedes comparar as vosas puntuacións no ranking de equipos.
Location Neda (A Coruña)
Dates from the Sept. 19, 2025, 6 p.m.
Duration 1h 30m
Sponsor Xogal
logo-xogal

Indications:

  • Pódense usar pistas e mesmo saltar as probas, pero iso penalizará ao equipo en tempo.

  • Fallar tres veces na solución da proba fará que avances á seguinte, penalizándote tamén en tempo.

Required materials:

  • Teléfono móbil con batería e conexión a internet
  • Papel e bolígrafo
  • Calzado cómodo

Ranking

1
Trotamúsicos 19/09/2025 18:57
23m 15s
2
Maciñeira2 19/09/2025 19:20
34m 27s
3
Amar-T2 19/09/2025 18:38
34m 58s
4
VALEXOS 19/09/2025 18:41
35m 32s
5
Los cafecitos andantes 19/09/2025 19:11
37m 32s
6
BASANA 19/09/2025 19:10
37m 59s
7
guest_006399 19/09/2025 19:47
38m 14s
8
Cokitos 19/09/2025 18:58
39m 6s
9
Amar-T 1 19/09/2025 18:53
39m 59s
10
Suricatas 19/09/2025 19:57
42m 32s
See all

Location

Ratings

0 Points No one has done it yet, be the first
5 starts
4 starts
3 starts
2 starts
1 star

whatsapp icon