O TESOURO DO MOSTEIRO
Benvidos e benvidas á primeira procura do tesouro do Mosteiro de Oia! Prepárate para poñer a proba as túas habilidades mentais e físicas mentres te mergullas nunha emocionante aventura.
Poderedes atopar o tesouro escondido e resolver o misterio que estas pedras levan tantos anos ocultando? A aventura espéravos no Mosteiro de Oia!”
Os xogadores deben escanear os códigos e seguir as pistas para descubrir que misterios oculta o mosteiro. Poderedes competir entre vós para ver quen descobre primeiro o secreto . Será unha experiencia única e inesquecible!
Como funciona?
Modos de xogo:
- Individualmente
- En grupo:
- Cada membro do grupo rexístrase co seu usuario ou convidado.
- Creades un grupo (co mesmo nome de grupo) e engadídelos a el.
- Os dispositivos están sincronizados, as accións contarán para todo o grupo.
Desde o comezo ata que termine a experiencia teredes asistencia por whatsapp para calquera problema.
É importante saber que fallar a resposta 3 veces, pedir pistas ou saltarse algunha proba ten penalizacións, cada unha máis severa que a anterior.
Cando terminedess o xogo poderedes comparar na clasificación as vosas puntuacións cas dos outros equipos. Non perdas o tempo!
Location | Oia (Pontevedra) |
Dates |
from the March 21, 2023, 10:34 p.m. |
Duration | 45m |
Sponsor |
Real Mosteiro De Oia![]() |
Indications:
- Tedes que ter en conta que estamos nun mosteiro en situación de semi ruína polo que vos pedimos que coidedes e respectedes a contorna. Os menores deben estar baixo a continua supervisión dos seus pais.
- Podedes empezar o xogo nada máis traspasar a porta do mosteiro. As indicacións levaranvos á primeira proba.
- É recomendable facer dous ou máis grupos para que a experiencia sexa máis entretida.
Material required:
- Teléfono móbil
- Conexión a internet
- Papel e boli