O Abeiro Da Loba

Benvidos e benvidas a Abeiro da Loba! Prepárate para poñer á proba as túas habilidades mentais e físicas mentres mergullas nunha emocionante aventura. O obxectivo é descubrir o segredo que Pepa a Loba deixou atrás na súa carreira por escapar.

Como funciona?

Os xogadores deben escanear os códigos e seguir as pistas para descubrir que misterios agocha a casa. Podedes competir entre vós para ver quen descobre primeiro o segredo. Será unha experiencia única e inesquecible!

Modos de xogo:

  1. Individualmente
  2. En grupo:
  • Cada membro do grupo rexístrase co seu usuario ou convidado.
  • Creedes un grupo (co mesmo nome de grupo) e engadídelos a el.
  • Os dispositivos están sincronizados, as accións contarán para todo o grupo.

Normas:

  • Tedes que ter en conta que estamos nunha casa rural, polo que pedímosvos que coidedes e respectedes o entorno. Os menores deben estar baixo a continua supervisión dos seus pais.
  • Podedes comezar o xogo cando queirades. As indicacións levarvos á primeira proba.

 

É importante saber que pedir pistas, saltar unha proba ou fallar a resposta 3 veces ten penalizacións, cada unha máis severa que a anterior.

Cando rematedes o xogo, poderedes comparar no ranking as vosas puntuacións coas de outros equipos. Non perdas o tempo!

 

Location Madelos (A Coruña)
Sponsor Abeiro Da Loba
logo-abeiro-da-loba

Indications:

- Todos os xogadores que pertenzan ao mesmo equipo deben ter o mesmo nome.

- Os dispositivos dos membros de cada equipo están vinculados.

- Pódense usar pistas e incluso saltar as probas, pero iso penalizará en tempo ao equipo.

- Fallar tres veces a solución da proba faravos avanzar á seguinte, penalizándovos en tempo.

 

Required materials:

Todo o que necesitas para xogar é:

- Teléfono móbil

- Conexión a internet

- Papel e bolígrafo

- Calzado e roupa cómoda

 

Ratings

0 Points No one has done it yet, be the first
5 starts
4 starts
3 starts
2 starts
1 star

whatsapp icon