O Abeiro Da Loba
Benvidos e benvidas a Abeiro da Loba! Prepárate para poñer á proba as túas habilidades mentais e físicas mentres mergullas nunha emocionante aventura. O obxectivo é descubrir o segredo que Pepa a Loba deixou atrás na súa carreira por escapar.
Como funciona?
Os xogadores deben escanear os códigos e seguir as pistas para descubrir que misterios agocha a casa. Podedes competir entre vós para ver quen descobre primeiro o segredo. Será unha experiencia única e inesquecible!
Modos de xogo:
- Individualmente
- En grupo:
- Cada membro do grupo rexístrase co seu usuario ou convidado.
- Creedes un grupo (co mesmo nome de grupo) e engadídelos a el.
- Os dispositivos están sincronizados, as accións contarán para todo o grupo.
Normas:
- Tedes que ter en conta que estamos nunha casa rural, polo que pedímosvos que coidedes e respectedes o entorno. Os menores deben estar baixo a continua supervisión dos seus pais.
- Podedes comezar o xogo cando queirades. As indicacións levarvos á primeira proba.
É importante saber que pedir pistas, saltar unha proba ou fallar a resposta 3 veces ten penalizacións, cada unha máis severa que a anterior.
Cando rematedes o xogo, poderedes comparar no ranking as vosas puntuacións coas de outros equipos. Non perdas o tempo!
Location | Madelos (A Coruña) |
Sponsor |
Abeiro Da Loba |
Indications:
- Todos os xogadores que pertenzan ao mesmo equipo deben ter o mesmo nome.
- Os dispositivos dos membros de cada equipo están vinculados.
- Pódense usar pistas e incluso saltar as probas, pero iso penalizará en tempo ao equipo.
- Fallar tres veces a solución da proba faravos avanzar á seguinte, penalizándovos en tempo.
Required materials:
Todo o que necesitas para xogar é:
- Teléfono móbil
- Conexión a internet
- Papel e bolígrafo
- Calzado e roupa cómoda