Mulleres relevantes de Galicia - Cerceda

Esta experiencia proporcionará aos participantes coñecementos sobre a importancia e o papel da muller na historia e na cultura de Galicia. Tanto ao longo historia como na actualidade mulleres como: Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán, Rosalía de Castro, Maruja Mallo, entre outras, foron vitais para dar pequenos pasos a favor da igualdade e do feminismo en Galicia e incluso en España.

Tedes que escanear os códigos e seguir as pistas para resolver todas as probas que se vos plantexan. Podedes competir entre vós para ver quen chega primeiro o final. Será unha experiencia única e inesquecible!

Cómo funciona?

Modos de xogo:

  1. Individualmente.
  2. En grupo:
  • Cada membro do grupo rexistrase creando unha conta ou como convidado.
  • Creádes un grupo (IMPORTANTE: o nome de grupo ten que estar escrito igual) e unidesvos a él.
  • Os dispositivos están vinculados e sincronizados, as accións contan para todo o grupo.

Regras:

É importante saber que pedir pistas, saltar algunha proba ou fallar a resposta 3 veces ten penalizacións, cada unha máis severa que a anterior.

Cando rematades o xogo, poderedes comparar as vosas puntuacións coas de outros equipos no ranking. 

Non perdas o tempo!

 

Location Cerceda (A Coruña)
Dates from the March 10, 2024, 5 p.m.
Duration 1h 30m
Sponsor Concello De Cerceda

Indications:

- Todos os xogadores que pertenzan ao mesmo equipo deben ter o mesmo nome.

- Os dispositivos dos membros de cada equipo están vinculados e sincronizados.

- Poden usarse pistas e incluso saltar as probas, pero iso penalizará o equipo.

- Introducir mal a solución tres veces farache avanzar á seguinte proba, penalizándote en tempo.

 

Required materials:

Todo o que necesitas para xogar é:

- Teléfono móbil

- Conexión a internet

- Papel e lápis

 

Ratings

0 Points No one has done it yet, be the first
5 starts
4 starts
3 starts
2 starts
1 star

whatsapp icon