Mulleres relevantes de Galicia - Cerceda
Esta experiencia proporcionará aos participantes coñecementos sobre a importancia e o papel da muller na historia e na cultura de Galicia. Tanto ao longo historia como na actualidade mulleres como: Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán, Rosalía de Castro, Maruja Mallo, entre outras, foron vitais para dar pequenos pasos a favor da igualdade e do feminismo en Galicia e incluso en España.
Tedes que escanear os códigos e seguir as pistas para resolver todas as probas que se vos plantexan. Podedes competir entre vós para ver quen chega primeiro o final. Será unha experiencia única e inesquecible!
Cómo funciona?
Modos de xogo:
- Individualmente.
- En grupo:
- Cada membro do grupo rexistrase creando unha conta ou como convidado.
- Creádes un grupo (IMPORTANTE: o nome de grupo ten que estar escrito igual) e unidesvos a él.
- Os dispositivos están vinculados e sincronizados, as accións contan para todo o grupo.
Regras:
É importante saber que pedir pistas, saltar algunha proba ou fallar a resposta 3 veces ten penalizacións, cada unha máis severa que a anterior.
Cando rematades o xogo, poderedes comparar as vosas puntuacións coas de outros equipos no ranking.
Non perdas o tempo!
Location | Cerceda (A Coruña) |
Dates |
from the Sept. 6, 2024, 5 p.m. |
Duration | 1h 30m |
Sponsor |
Concello De Cerceda |
Indications:
- Todos os xogadores que pertenzan ao mesmo equipo deben ter o mesmo nome.
- Os dispositivos dos membros de cada equipo están vinculados e sincronizados.
- Poden usarse pistas e incluso saltar as probas, pero iso penalizará o equipo.
- Introducir mal a solución tres veces farache avanzar á seguinte proba, penalizándote en tempo.
Required materials:
Todo o que necesitas para xogar é:
- Teléfono móbil
- Conexión a internet
- Papel e lápis