Canta Rosalía no Castelo de Soutomaior
Nesta escape room ao aire libre exploraredes os recunchos do Castelo de Soutomaior mentres descubrides as conexións entre a súa historia, a figura de Rosalía de Castro e o alumnado gañador do concurso “Canta Rosalía!”. Cada proba achegaravos un anaco deste relato, que só poderá ser completado coa vosa axuda.
Punto de Saída: Pousada do castelo
Como funciona?
Modos de xogo:
- Individualmente.
- En grupo:
- Cada membro do grupo rexístrase co seu nome de usuario ou como convidado.
- Creádes un grupo (co mesmo nome de grupo) e engadídevos a él.
- Os dispositivos están sincronizados, as accións contan para todo o grupo.
Regras:
Tedes que ter en conta que estamos xogando nun entorno protexido, polo que vos pedimos que coidedes e respectedes o entorno.
As indicacións levaranvos ata a primeira proba.
Dende que comeza ata que remata a experiencia contades con asistencia por WhatsApp por se tedes calquera problema.
É importante saber que pedir pistas, fallar a resposta 3 veces ou saltar algunha proba ten penalizacións, cada unha máis severa que a anterior.
Cando rematades o xogo, poderedes comparar as vosas puntuacións coas de outros equipos no ranking. ¡Non perdades o tempo!
Location | Soutomaior (Pontevedra) |
Dates |
from the May 20, 2025, 9:18 a.m. |
Duration | 1h 30m |
Indications:
-
Todos os xogadores do mesmo equipo deben ter o mesmo nome.
-
As accións están sincronizadas entre dispositivos.
-
Usar pistas ou fallar máis de tres veces penaliza en tempo.
Estade atentos/as ao entorno: o castelo fala!
Required materials:
Todo o que necesitas para xogar é:
- Teléfono móbil
- Conexión a internet
- Papel e lápis