En Skeirrum cremos que aprender pode ser emocionante. Por iso, deseñamos escape rooms educativas que transforman conceptos clave en desafíos interactivos, fomentando o pensamento crítico, o traballo en equipo e a creatividade do alumnado.
Se es parte dun centro educativo en Galicia, esta é a túa oportunidade para ofrecer ao teu alumnado unha experiencia innovadora e enriquecedora.
Que ofrecemos?
Escape Rooms Dixitais e Analóxicas: Adaptadas a diversas temáticas e idades.
Educación en valores: Traballamos competencias clave como a inclusión, a igualdade de xénero, a convivencia ou o emprendemento.
Flexibilidade: Modalidade presencial ou dixital, adaptándonos ás necesidades do centro.
Dinamización e soporte técnico: O equipo de Skeirrum encárgase de todo para que a actividade sexa un éxito.
Escape Rooms dispoñibles
Conexión sen barreiras: Inclusión educativa para que todo o alumnado se sinta valioso e partícipe.
Igualdade: Un reto contra a violencia de xénero, promovendo o respecto e a empatía.
Convivencia en acción: Traballo en equipo para resolver conflitos e fomentar a comunicación.
Reto emocional: Xestión da intelixencia emocional e da saúde mental.
Emprendemento: Escape rooms específicas para entender o cooperativismo, o Design Thinking e as habilidades emprendedoras.
Para quen?
As nosas actividades están dirixidas a centros de ensino secundario, formación profesional, programas de emprendemento e obradoiros de emprego en Galicia.
Duración: 1h 30min - 2h
Participantes: Ata 50 persoas por sesión (opcións para grupos máis grandes)
Idioma: Galego ou castelán
Únete á revolución educativa con Skeirrum!
Se queres que o teu centro forme parte desta experiencia única, contacta connosco! Adaptamos as actividades ás necesidades específicas do teu alumnado.
info@skeirrum.com
674314278
Transformemos xuntos a educación en Galicia!