As Chaves da Historia - Mondoñedo
Unha viaxe ao corazón dunha das cidades con máis historia de Galicia. Nesta escape room ao aire libre explorarás o casco histórico de Mondoñedo mentres segues pistas, resolves enigmas e descubres detalles que adoitan pasar desapercibidos. A catedral, o seminario, as fontes, as rúas e prazas cargadas de simbolismo serán o escenario dunha aventura onde o pasado cobra vida. Personaxes ilustres, antigas imprentas, lendas de mariscais, camiñantes e partituras esquecidas. Un xogo para quen queira descubrir a verdadeira alma de Mondoñedo.
Como comezar?
- Forma un grupo de persoas (amigos, familia… quen ti queiras!).
- Punto de encontro recomendado: Praza da Catedral
- A experiencia funciona por xeolocalización: debes estar en Vilalba para poder xogar.
Durante o xogo...
Le con atención, segue as indicacións e saberás que facer en cada momento. A aventura irá guiándote paso a paso.
Como funciona?
Modos de xogo:
- Individual
- En grupo: os equipos fórmanse no momento de iniciar o xogo.
Segue os pasos: ESCOLLER MODO DE XOGO – EN GRUPO – ESCRIBIR NOME DO GRUPO
IMPORTANTE: todos/as os/as participantes deben crear o grupo co mesmo nome, escrito exactamente igual en cada dispositivo.
Os dispositivos sincronízanse: as accións contan para todo o grupo.
Regras do xogo:
- Lembra que estarás nun espazo público: coida e respecta a contorna.
- As persoas menores deben estar sempre acompañadas e baixo a supervisión dunha persoa adulta responsable.
- Ao rematar, podedes comparar as vosas puntuacións no ranking de equipos.
Location | Mondoñedo (Lugo) |
Dates |
from the Sept. 20, 2025, 4:30 p.m. |
Duration | 1h 30m |
Sponsor |
Xogal![]() |
Indications:
-
Pódense usar pistas e mesmo saltar as probas, pero iso penalizará ao equipo en tempo.
-
Fallar tres veces na solución da proba fará que avances á seguinte, penalizándote tamén en tempo.
Required materials:
- Teléfono móbil con batería e conexión a internet
- Papel e bolígrafo
- Calzado cómodo