A sombra de Monteferro
Os xogadores deben localizar puntos específicos e seguir as pistas para descubrir quen secuestrou a Rodrigo, un dos alumnos do IES Terra de Turonio. Podedes competir entre vós para ver quen o descobre primeiro.
Como funciona?
Modos de xogo:
- Individualmente.
- En grupo:
- Cada membro do grupo rexístrase co seu nome de usuario ou como convidado.
- Creades un grupo (co mesmo nome de grupo) e engadídevos a el.
- Os dispositivos están sincronizados, as accións contan para todo o grupo.
Regras:
Tedes que ter en conta que estamos na rúa, polo que pedímosvos que coidedes e respectedes o entorno. Podedes comezar o xogo cando queirades. As indicacións levaravos á primeira proba.
Dende que comeza ata que remata a experiencia, teredes asistencia por WhatsApp para calquera problema.
É importante saber que fallar a resposta 3 veces, pedir pistas ou saltar algunha proba ten penalizacións, cada unha máis severa que a anterior.
Cando rematades o xogo, poderedes comparar as vosas puntuacións coas de outros equipos no ranking. Non perdas o tempo!
Location | Nigrán (Pontevedra) |
Dates |
from the June 20, 2025, 10 a.m. until June 23, 2025, 10:02 a.m. |
Duration | 1h 30m |
Indications:
- Todos os xogadores que pertenzan ao mesmo equipo deben ter o mesmo nome.
- Os dispositivos dos membros de cada equipo están vinculados.
- Poden usarse pistas e incluso saltar as probas, pero iso penalizará o equipo en tempo.
- Fallar tres veces a solución da proba farache avanzar á seguinte, penalizándote en tempo.
Required materials:
Todo o que necesitas para xogar é:
- Teléfono móbil
- Conexión a internet
- Calzado cómodo