Segredos entre barricas
Nesta Skeirrum percorreredes diferentes puntos do centro do Rosal para descubrir, proba a proba, algúns dos segredos mellor gardados do mundo do viño. Que é a D.O. Rías Baixas? Como se fai un bo viño? Cales son os oficios tradicionais? Atrevédevos a catar cos sentidos e a vivir a feira desde dentro.
Como funciona?
Modos de xogo:
- Individualmente.
- En grupo:
- Cada membro do grupo rexístrase co seu nome de usuario ou como convidado.
- Creádes un grupo (co mesmo nome de grupo) e engadídevos a él.
- Os dispositivos están sincronizados, as accións contan para todo o grupo.
Regras:
Tede en conta que estamos xogando na rúa, polo que vos pedimos que coidedes e respectedes o entorno.
Os menores de 12 anos deben estar baixo a supervisión continua dos seus pais ou responsables.
É importante saber que pedir pistas, fallar unha resposta tres veces ou saltar algunha proba supón penalizacións, cada unha máis severa ca anterior.
Ao rematar o xogo, poderedes comparar as vosas puntuacións coas doutros equipos no ranking. Non perdades o tempo!
Localización | O Rosal (Pontevedra) |
Fechas |
desde el 18 de Julio de 2025 a las 18:30 |
Duración | 1h 30m |
Patrocinador |
Concello O Rosal![]() |
Indicaciones:
- Todos os xogadores que pertenzan ao mesmo equipo deben empregar o mesmo nome de grupo.
- Os dispositivos dos membros de cada equipo están vinculados. Pódense usar pistas ou saltar probas, pero iso penalizará o equipo en tempo.
- Se se falla tres veces a resposta dunha proba, avanzarase automaticamente á seguinte, cunha penalización.
Material necesario:
Todo o que precisas para xogar é:
- Teléfono móbil
- Conexión a internet
- Papel e bolígrafo ou lápis