Canta Rosalía no Castelo de Soutomaior

Nesta escape room ao aire libre exploraredes os recunchos do Castelo de Soutomaior mentres descubrides as conexións entre a súa historia, a figura de Rosalía de Castro e o alumnado gañador do concurso “Canta Rosalía!”. Cada proba achegaravos un anaco deste relato, que só poderá ser completado coa vosa axuda.

Punto de Saída: Pousada do castelo

Como funciona?

Modos de xogo:

  1. Individualmente.
  2. En grupo:
  • Cada membro do grupo rexístrase co seu nome de usuario ou como convidado.
  • Creádes un grupo (co mesmo nome de grupo) e engadídevos a él.
  • Os dispositivos están sincronizados, as accións contan para todo o grupo.

Regras:

Tedes que ter en conta que estamos xogando nun entorno protexido, polo que vos pedimos que coidedes e respectedes o entorno. 

As indicacións levaranvos ata a primeira proba.

Dende que comeza ata que remata a experiencia contades con asistencia por WhatsApp por se tedes calquera problema. 

É importante saber que pedir pistas, fallar a resposta 3 veces ou saltar algunha proba ten penalizacións, cada unha máis severa que a anterior.

Cando rematades o xogo, poderedes comparar as vosas puntuacións coas de outros equipos no ranking. ¡Non perdades o tempo!

Localización Soutomaior (Pontevedra)
Fechas desde el 20 de Mayo de 2025 a las 09:18
Duración 1h 30m

Indicaciones:

  • Todos os xogadores do mesmo equipo deben ter o mesmo nome.

  • As accións están sincronizadas entre dispositivos.

  • Usar pistas ou fallar máis de tres veces penaliza en tempo.

Estade atentos/as ao entorno: o castelo fala!

Material necesario:

Todo o que necesitas para xogar é:

- Teléfono móbil

- Conexión a internet

- Papel e lápis

Localización

Valoraciones

0 Puntos Aún nadie lo ha hecho, sé el primero
5 estrellas
4 estrellas
3 estrellas
2 estrellas
1 estrella

whatsapp icon