Sabes qué é unha cooperativa? Coñeces os polos de emprendemento?

Se non tes nin idea ou aínda non coñeces os polos de emprendemento, non te preocupes! Explicamoscho, e como non, XOGANDO UNHA SKEIRRUM.

O 1 de xullo celébrase o Día Internacional do Cooperativismo e para celebralo, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a través da Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego, organiza os "Venres Cooperativos".

Durante o mes de xuño, realizaranse catro xornadas de portas abertas, unha en cada provincia, onde terás a oportunidade de visitar catro cooperativas diferentes.

O obxectivo destas xornadas é mostrar a importancia e os valores das cooperativas a través de experiencias reais de cooperativas establecidas na nosa rexión. Ademais, darase a coñecer o traballo dos polos de emprendemento e apoio ao emprego, e fomentarase a creación de redes de colaboración e negocios.

Datas das xornadas:

Venres 2 de xuño: CLUN + CASA DO MAIOR.
Organiza: Polo Costa da Morte.
Horario: De 12 a 14 horas.
Lugar: Cooperativa Clun en Ames (A Coruña).

Venres 9 de xuño: VIÑA COSTEIRA + XEITURA.
Organiza: Polo Miño Central.
Horario: De 12 a 14 horas.
Lugar: Cooperativa Viña Costeira en Ribadavia (Ourense).

Venres 16 de xuño: HORSAL + FACTORÍA ARTELIER.
Organiza: Polo Pontevedra Norte e Rías Baixas.
Horario: De 16 a 18 horas.
Lugar: Cooperativa Horsal en Vilariño (Pontevedra).

Venres 23 de xuño: AIRA + MILHULLOA.
Organiza: Polo Lugo Sur.
Horario: De 12 a 14 horas.
Lugar: Cooperativa Aira en Taboada


A primeira xornada xa tivo lugar, Non perdas a oportunidade de ir as seguintes!!  Ao rematar todas as probas que temos preparadas para ti serás un verdadeiro experto! Estaremoste esperando!