Escape room "O Xardín das Camelias" - Castelo de Soutomaior

O xardín das Camelias - Castelo de Soutomaior

Nesta escape room percorrerás o emblemático Castelo de Soutomaior, un lugar único que mestura historia, natureza e cultura. Descubrirás o seu Xardín de Excelencia Internacional en Camelia mentres te enfrontas a probas cheas de curiosidades e enigmas. Aprende sobre a súa biodiversidade, as súas árbores singulares e os proxectos que fixeron deste castelo un modelo de conservación.

Punto de encontro recomendado: Punto de información do Castelo de Soutomaior.

Como funciona?

A experiencia funciona por xeolocalización, polo que debes estar no castelo para poder xogar.

Cando comece o xogo, le atentamente, segue as indicacións e saberás que facer.

Modos de xogo:

  1. Individualmente.
  2. En grupo:
  • Cada membro rexístrase co seu nome de usuario ou accede como invitado.
  • Creade un grupo (usando o mesmo nome) e unídevos a el.
  • Os dispositivos están sincronizados e as accións contan para todo o grupo.

Regras:

Lembrade que xogamos nun entorno protexido, polo que pedimos que coidedes e respectedes o espazo.
Os menores deben estar sempre baixo a supervisión dun adulto.
Podedes comezar o xogo cando queirades, as indicacións levarán á primeira proba.
Dende o inicio ata o final da experiencia, e dentro do horario comercial de Skeirrum, contades con asistencia por WhatsApp para calquera problema.
Pedir pistas, errar tres veces ou saltar unha proba ten penalizacións, cada unha máis severa que a anterior.
Ao rematar o xogo, poderedes comparar as vosas puntuacións coas doutros equipos no ranking.

Non perdas o tempo! 

Localización Soutomaior (Pontevedra)
Datas dende o 9 de febreiro de 2025 ás 16:00
ata o 9 de abril de 2025 ás 15:02
Duración 1h 30m
Patrocinador Deputación De Pontevedra
logo-deputacion-de-pontevedra

Indicacións:

  • Todos os xogadores deben respectar a contorna natural do Castelo de Soutomaior.
  • Todos os xogadores que pertenzan ao mesmo equipo deben ter o mesmo nome.
  • Os dispositivos dos membros de cada equipo están vinculados.
  • Pódense usar pistas e incluso saltar as probas, pero iso penalizará ao equipo en tempo.
  • Errar tres veces a solución da proba fará que avances á seguinte, penalizándote en tempo.

Material necesario:

Todo o que necesitas para xogar é:

  • Teléfono móbil
  • Conexión a internet
  • Papel e lápis

Ranking

1
Sinaches 23/02/2025 11:51
37m 37s
2
Primeros 09/02/2025 17:56
44m 28s
3
Nimbilimbi 16/02/2025 18:25
1h 1m 21s
4
Serencinho 15/02/2025 12:02
1h 8m 38s
5
As tartarugas 01/03/2025 19:48
1h 9m 3s
6
Malo Será 09/02/2025 17:26
1h 18m 10s
7
Madruga 09/02/2025 18:51
1h 23m 52s
8
Boinas Celestes 09/02/2025 19:14
1h 29m 5s
9
LuscoeFusco 15/03/2025 18:16
1h 35m 33s
10
Horacio 15/02/2025 18:38
1h 37m 39s
Ver todos

Localización

Valoracións

0 Puntos Ninguén o fixo aínda, podes ser o primeiro
5 estrelas
4 estrelas
3 estrelas
2 estrelas
1 estrela

whatsapp icon