O sector vinícola do Rosal
A experiencia do sector vinícola ten como obxectivo poñer en valor un dos sectores mais importantes que existen no concello do Rosal, que os xogadores se familiaricen co proceso de fabricación do viño e poner en valor a subzona Rosal dentro da denominación de orixe Rias Baixas.
Os xogadores deben seguir as indicacións e pistas para descubrir que misterios que se agochan ao longo do percorrido. Competiredes entre vós para ver quen é capaz de descubrir, no menor tempo posible, as curiosidades detrás da celebración da feira do viño do Rosal.
Para poder xogar esta experiencia:
- Xunta un grupo de amigos.
- Compra un código para cada un.
- Se nos avisas cuns días de antelación poderemos darte asisitencia por WhatsApp mentras xogas.
Punto de encontro recomendado: Praza do Calvario.
A experiencia funciona por xeolocalización, debes estar en O Rosal para poder xogar.
Cando empece o xogo lee ben, segue as indicacions y saberás que tes que facer.
Cómo funciona?
Compra:
- A inscripción queda realizada coa compra do código/cupón de acceso.
- Cada persoa debe comprar un código de uso (un por dispositivo).
- O cupón non caduca, podes utilizalo cando queiras.
- Dende que empece ata que remate a experiencia podedes ter asistencia por Whatsapp sempre que nos avisedes polo menos 24h antes.
Despois de cada compra rescibirás un código QR de acceso, se compras para máis de unha persoa, ese código terá varios usos.
Modos de xogo:
- Individualmente.
- En grupo:
- Cada membro do grupo rexístrase co seu nome de usuario ou como convidado.
- Creádes un grupo (co mesmo nome de grupo) e engadídevos a él.
- Os dispositivos están sincronizados, as accións contan para todo o grupo.
Regras:
Tedes que ter en conta que estamos xogando na rúa, polo que vos pedímos que coidedes e respectedes o entorno. Os menores deben estar baixo a supervisión continua dos seus responsables legais.
Podedes comezar o xogo cando queirades na localización indicada. As indicacións levaranvos ata a primeira proba.
Dende que comeza ata que remata a experiencia, e dentro do horario comercial de Skeirrum, contades con asistencia por WhatsApp por se tedes calquera problema.
É importante saber que pedir pistas, fallar a resposta 3 veces ou saltar algunha proba ten penalizacións, cada unha máis severa que a anterior.
Cando rematades o xogo, poderedes comparar as vosas puntuacións coas de outros equipos no ranking. ¡Non perdades o tempo!
Localización | O Rosal (Pontevedra) |
Datas |
dende o 12 de xullo de 2024 ás 19:30 |
Duración | 1h 30m |
Patrocinador |
Eureka Reto Rural |
Indicacións:
- Todos os xogadores que pertenzan ao mesmo equipo deben ter o mesmo nome.
- Os dispositivos dos membros de cada equipo están vinculados.
- Poden usarse pistas e incluso saltar as probas, pero iso penalizará o equipo en tempo.
- Fallar tres veces a solución da proba farate avanzar á seguinte, penalizándote en tempo.
Material necesario:
Todo o que necesitas para xogar é:
- Teléfono móbil
- Conexión a internet
- Papel e lápis
Localización
Valoracións
Moi entretido , o fixemos en familia e nos gustou a todos.