O Mosteiro de Oia

Os xogadores deben seguir as indicacións e pistas para descubrir que misterios que se agochan tras o Mosteiro de Santa Maria de Oia. Competiredes entre vós para ver quen resolve primeiro todos os retos e probas plantexados.

Como funciona?

Modos de xogo:

  1. Individualmente.
  2. En grupo:
  • Cada membro do grupo rexístrase co seu nome de usuario ou como convidado.
  • Creádes un grupo (co mesmo nome de grupo) e engadídevos a él.
  • Os dispositivos están sincronizados, as accións contan para todo o grupo.

Regras:

Tedes que ter en conta que estamos xogando na rúa, polo que vos pedímos que coidedes e respectedes o entorno. Os menores deben estar baixo a supervisión continua dun adulto.

Podedes comezar o xogo cando queirades. As indicacións levaranvos ata a primeira proba.

Dende que comeza ata que remata a experiencia e dentro do horário comercial de Skeirrum contades con asistencia por WhatsApp por se tedes calquera problema. 

É importante saber que pedir pistas, fallar a resposta 3 veces ou saltar algunha proba ten penalizacións, cada unha máis severa que a anterior.

Cando rematades o xogo, poderedes comparar as vosas puntuacións coas de outros equipos no ranking. Non perdades o tempo!

Localización Oia (Pontevedra)
Datas dende o 30 de xuño de 2024 ás 10:30
ata o 30 de xullo de 2024 ás 11:02
Duración 1h 30m

Indicacións:

- Todos os xogadores que pertenzan ao mesmo equipo deben ter o mesmo nome.

- Os dispositivos dos membros de cada equipo están vinculados.

- Poden usarse pistas e incluso saltar as probas, pero iso penalizará o equipo en tempo.

- Fallar tres veces a solución da proba farache avanzar á seguinte, penalizándote en tempo.

Material necesario:

Todo o que necesitas para xogar é:

- Teléfono móbil

- Conexión a internet

- Papel e lápis

Localización

Valoracións

0 Puntos Ninguén o fixo aínda, podes ser o primeiro
5 estrelas
4 estrelas
3 estrelas
2 estrelas
1 estrela

whatsapp icon