Despedidas de solteira/o
Xogos de escape room
Organiza a despedida de solteirx
máis emocionante ata o momento
Totalmente personalizada!
Cada despedida é diferente e todas deben de ser orixinais e divertidas, deseñar Skeirrums personalizadas para cada noivx e os seus invitados é unha das nosas especialidades!
Ollo co pasado, sempre sae alguén mal parado… Quedará en evidencia algún invitado ou o/a noivx?
A opción «Coñecendo ao protagonista » é a guinda do pastel das despedidas. Consiste en resolver todas as probas, no menor tempo posible facendo un percorrido polos fitos máis importantes que conseguiron que queirades celebrar xuntos unha ocasión tan especial.
Adaptámonos a todas as vosas necesidades: Lugar, Nº de participantes, Idioma, duración…
Se decidides viaxar ou gozar dalgunha cidade onde teñamos circuito Skeirrum e queredes coñecela de maneira diferente non dubides en preguntarnos, estamos para axudarte!
A preboda con invitados é unha forma de estender a celebración da voda e ofrecer aos seres queridos a oportunidade de compartir momentos especiais antes do día oficial. Dende skeirrum podemos facer que ese día sexa aínda máis especial.
A diferenza principal cunha prevoda tradicional, onde só están os noivos e o fotógrafo, é que neste caso implica a participación dos invitados, é dicir, un grupo máis amplo de persoas con diferentes propósitos e formatos.
Trátase dunha ocasión para reunir aos seres queridos e celebrar xuntos unha día especial.
Cena ou festa informal previa a voda
Esta é unha oportunidade perfecta para que os convidados se coñezan entre si, socialicen e gocen dun ambiente relaxado antes do día da voda.
Que mellor forma de que se coñezan os invitados que exporlles un obxectivo común? Con Skeirrum, terán que comunicarse para chegar a resolver todos os enigmas expostos
Excursión ou actividade grupal
Outra opción é organizar unha actividade grupal, unha excursión ou unha visita a un lugar turístico.
Se decidides viaxar ou disfrutar de algunha cidade onde teñamos circuito Skeirrum e queredes coñecela de maneira diferente non dubides en preguntarnos, estamos para axudarte!
Este tipo de prevoda con convidados permite a todos compartir unha experiencia especial xuntos e fortalecer os lazos antes da voda tendo que traballar man a man para poder chegar ao final.
Celebración temática
Algunhas parellas elixen organizar unha prevoda temática, onde tanto eles como os convidados vístense de acordo con un tema específico.
Completa a noite cunha actividade grupal adaptada á temática elixida para que todos se coñezan. Este tipo de prevoda crea un ambiente divertido e animado que fomenta a interacción entre os invitados.