Misterio no Carboeiro
Os xogadores deben escanear os códigos e seguir as pistas para descubrir quen secuestrou o fontaneiro do chorro do parque. Podedes competir entre vós para ver quen o descobre primeiro. Será unha experiencia única e inesquecible!
Como funciona?
Modos de xogo:
- Individualmente.
- En grupo:
- Cada membro do grupo rexístrase co seu nome de usuario ou como convidado.
- Creades un grupo (co mesmo nome de grupo) e engadídevos a el.
- Os dispositivos están sincronizados, as accións contan para todo o grupo.
Regras:
Tedes que ter en conta que estamos na rúa, polo que pedímosvos que coidedes e respectedes o entorno. Os menores deben estar baixo a supervisión continua dos seus pais.
Podedes comezar o xogo cando queirades. As indicacións levaravos á primeira proba.
Dende que comeza ata que remata a experiencia, teredes asistencia por WhatsApp para calquera problema.
É importante saber que fallar a resposta 3 veces, pedir pistas ou saltar algunha proba ten penalizacións, cada unha máis severa que a anterior.
Cando rematades o xogo, poderedes comparar as vosas puntuacións coas de outros equipos no ranking. Non perdas o tempo!
Location | Oroso (A Coruña) |
Dates |
from the Aug. 24, 2023, 7:06 p.m. |
Duration | 2h |
Sponsor |
Concello De Oroso |
Indications:
- Todos os xogadores que pertenzan ao mesmo equipo deben ter o mesmo nome.
- Os dispositivos dos membros de cada equipo están vinculados.
- Poden usarse pistas e incluso saltar as probas, pero iso penalizará o equipo en tempo.
- Fallar tres veces a solución da proba farache avanzar á seguinte, penalizándote en tempo.
Material required:
Todo o que necesitas para xogar é:
- Teléfono móbil
- Conexión a internet
- Papel e lapis
- Tenis e roupa cómoda